Porto acolle os XIV encontros Luso-Galaico-Franceses de Literatura Infantil e Xuvenil

A memoria dos libros é o eixe desta edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A presenza da historia e da memoria nas obras literarias para os lectores máis novos. Este é o eixe dos XIV Encontros Luso-Galaico-Franceses do Libro Infantil e Xuvenil que se celebran os vindeiros días 14 e 15 de novembro en Porto. Entre outras intervencións, presentaranse o libro sobre a Guerra Civil neste xénero, Blanca-Ana Roig falará sobre a memoria na Literatura Infantil e Xuvenil Galega, e Miguel Vázquez Freire e An Alfaya ofrecerán unha conferencia co título Viaxe polas palabras da memoria. Ademais celebraranse obradoiros e encontros con autores coma Agustín Fernández Paz e ilustradores coma José Tomás.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Miguel Vázquez Freire, An Alfaya, Miguel Vázquez Freire...