Galix presenta o seu Club de Lectura

Leranse obras de Agustín Fernández Paz, Fran Alonso ou Miguel Vázquez Freire entre outros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Tendendo redes é o nome do Club de Lectura que presenta ás cinco e media desta tarde a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix) na sede do Consello da Cultura Galega, en Compostela. A iniciativa pretende, ao longo de dous meses, facer un percorrido cos participantes polos últimos vinte e cinco anos das letras dirixidas aos máis novos. Para isto, percorreranse algunhas das obras máis destacadas neste campo e de autores coma Marilar Aleixandre, An Alfaya, Agustín Fernández Paz ou Xosé Antón Neira Cruz entre outros. A actividade desenvolverase na sede do Consello da Cultura os mércores e os xoves entre as cinco e as sete da tarde.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agustín Fernández Paz, Miguel Vázquez Freire, Fran Alonso, Miguel Vázquez Freire...