Maratón de lectura cos contos de Andersen na Fundación Granell para o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Andersen de corrido

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Os contos de Andersen serán a base do maratón de lectura que organizan a Fundación Granell e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil ( GALIX ) para o 1 de abril. A xornada de lectura das obras do autor danés, do que se celebra o bicentenario do seu nacemento, servirá para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e desde as dez da mañá ás oito e media da tarde leranse ininterrompidamente as obras de Andersen na sede da Fundación Eugenio Granell no Pazo de Bendaña en Santiago. A organización convida a todos os interesados a sumarse a esta actividade e participar coa súa lectura.

Máis información na Fundación Eugenio Granell

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Contos, Fundación Eugenio Granell, Pazo de Bendaña, Eugenio Fernández Granell...