A Fundación Granell e a editorial Kalandraka organizan un seminario para a animación á lectura infantil

Comer letras e cores

| Santiago. Redacción. | Seccións: Literatura
Compartir:
Animar aos rapaces a gozar coa arte e coa lectura é o obxectivo do seminario "Contos para comer cos ollos" que a Fundación Granell, de Santiago, e a editorial pontevedresa Kalandraka organizarán dende hoxe ata o vindeiro día 26. A campaña contará con obradoiros de lectura, charlas e contactos, xunto cunha exposición con ilustracións orixinais das obras que publica Kalandraka. Os organizadores queren "favorecer a reflexión sobre valores e actitudes como a solidariedade e a ecoloxía".

Máis información en O Correo Galego, no web da Fundación Granell e no de Kalandraka

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Animación, Contos, O Correo Galego...