Kalandraka, a Fundación Granell e o Concello de Santiago promoven unha campaña de animación á lectura

A mellor campaña

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Unha nova campaña de animación á lectura para escolares de entre 3 e 11 anos desenvolverase na sede da Fundación Granell durante o mes de abril. As actividades promovidas polo Museo Granell o Concello de Santiago e a editorial Kalandraka divídense en tres tramos de idades, de 3 a 7 anos, con sesións de contacontos e visitas guiadas pola exposición que se ofrece como complemento na campaña, de 8 e 9 anos, cun obradoiro de ilustración que introduza aos pequenos no proceso de creación dun libro, e para os nenos de 10 e 11 anos haberá un obradoiro de escritura creativa. O pasado ano nesta campaña participaron máis de 2700 nenos, e no programa inclúese unha charla para axudar ás familias a introducir o hábito lector entre os pequenos.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Concello de Santiago, Kalandraka, Obradoiro...