A IX campaña “Libros para contar” de Kalandraka achegarase a máis de 200 centros educativos

Editores que contan

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Máis de douscentos centros educativos de toda Galicia acollerán durante este curso escolar as sesións campaña “Libros para contar” organizada pola editorial Kalandraka. Nelas mestúranse os libros e a transmisión oral de contos, tanto de tradición popular como de autores contemporáneos, coa música como elemento dinamizador. O inicio desta actividade coincide coa conmemoración da semana dedicada ao fomento da transmisión oral. Ás máis de 200 sesións de contacontos previstas, uniranse tamén actuacións en librarías e bibliotecas de toda Galicia. O éxito da acollida destas actividades tense traducido en programas estables de animación á lectura que xa se realizan en algunhas localidades galegas como é o caso de Santiago, onde todos os centros educativos da bisbarra participan na campaña, o que supón que máis de 4.500 nenos e nenas asisten ás sesións de contacontos, aos obradoiros de ilustración, banda deseñada e escrita creativa, e visitan as exposicións de libros e ilustracións.

Máis información en Kalandraka

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Contos, Editores, Animación...