A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil celebra con varias actividades o Día internacional do Libro Infantil

Pequena grande literatura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen mañá 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil. A iniciativa é recollida por GALIX que o celebra con varias actividades. Os actos comezarán coa presentación, ás 10:30 no Centro Comercial Compostela, dun volume  que recolle versións do conto “O patiño feo”, de Andersen realizadas por escritores dos ámbitos castelán, catalán, galego e vasco. O libro regalaráselle aos asistentes e distribuirase por colexios e bibliotecas. Está tamén prevista a visita de escritores e ilustradores ás dependencias do Hospital Clínico de Santiago, O Xeral-Cíes de Vigo ou o Materno de Lugo, para agasallar aos nenos ingresados con libros asinados por eles.  A editorial Ir Indo únese ás celebracións coa publicación de dous libros novos dentro da coleción Elefante Contacontos.

Máis información no sitio de GALIX

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Literatura, Hans Christian Andersen, Bibliotecas...