A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil renova a súa cúpula directiva

Gálixnova

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Pilar Sampedro é a nova presidenta da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). A súa candidatura foi a gañadora na xuntanza que a asociación celebrou onte na sede da Fundación Caixa Galicia. Tras a renovación, a directiva queda composta do seguinte xeito: Ana Blanca Roig, vicepresidenta; Agustín Fernández Paz, vicepresidente segundo; Luz Corral, secretaria e Isabel Mociño, tesoureira. Entre os seus obxectivos para este mandado figura aumentar a difusión dos libros infantís en galego e dar a coñecer o traballo da asociación.

Máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con GÁLIX, Agustín Fernández Paz, Fundación Caixa Galicia, El Correo Gallego...