Intelectuais galegos únense en Esculca, un observatorio contra o recorte dos dereitos e das liberdades

Vixiar os vixilantes

| Santiago.Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Máis de cincuenta galegos, entre eles intelectuais coma Xosé Chao Rego, Roberto Vidal Bolaño, Marcial Gondar, Elvira Souto ou Xosé María Álvarez Cáccamo veñen de crear Esculca, o Observatorio pola Defensa dos Dereitos e Liberdades. Esta asociación, que se presentou o venres en Compostela quere promover a acción social contra os recortes nos dereitos e liberdades dos cidadáns que, segundo os promotores, se están a dar desde os atentados do once de setembro pasado.

Máis información en O Correo Galego sobre a presentación de Esculca ; sobre os obxectivos da asociación

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé María Álvarez, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Chao Rego, Marcial...