A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil renova a súa directiva con Gloria Sánchez á fronte

Renovación de urxencia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A escritora Gloria Sánchez preside desde o pasado sábado a asociación do libro infantil, Gálix. A súa candidatura foi elixida en asemblea extraordinaria pola maioría dos asociados despois da dimisión de Pilar Sampedro cando aínda non rematara o seu mandato. A Sánchez acompáñana na directiva Manuel Figueiras e Paula Carballeira como vicepresidentes. A dimisión da secretaria técnica, Luz Corral, antecedeu a de Sampedro, que deixou a directiva xunto co seu equipo formado por Ana Blanca Roig e Agustín Fernández Paz, vicepresidentes, e Isabel Mociño, tesoureira.

Máis información en La Voz de Galicia
e sobre o anterior equipo directivo nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gloria Sánchez, Paula Carballeira, Agustín Fernández Paz, Culturagalega...