Boa parte da Real Fábrica de Sargadelos será restaurada mediante un convenio entre a Xunta e o concello de Cervo

Construír a vella fábrica

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os edificios dos fornos e das cabalarías da Real Fábrica de Sargadelos, así coma boa parte do contorno destas instalacións serán restaurados ao longo dos vindeiros dous anos. Esta actuación, dotada con 120.000 euros, é froito do convenio que asinaron recentemente o Concello de Cervo e mais a Consellaría de Cultura, e inscríbense no plan para crear neste antigo terreo industrial o ecomuseo Terras de Azul Cobalto. O edificio dos fornos acollerá un museo sobre a industria mentres nas cabalarías poderá visitarse unha exposición de material agrícola.

Máis información sobre o proxecto no web do Concello de Cervo

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cervo, Sargadelos

Claves

Entidades
Lugares