A Fábrica de Sargadelos de Cervo é declarada Ben de Interese Cultural

Publícase o decreto de resolución da Xunta

22/1/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe o decreto polo cal se declara a Fábrica de Sargadelos vinculada ao Laboratorio de Formas en Cervo (Lugo) Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de "monumento". A Xunta sinala que en todos os informes solicitados a organismos consultivos destaca "a importancia da propia actividade industrial e da necesidade de que calquera figura legal garanta o seu desenvolvemento normal e mesmo posibilite o seu crecemento".

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Sargadelos, Cervo, Laboratorio de Formas...