Sanxenxo creará un museo nunha antiga fábrica de Tellas mentres Ribadumia fará o mesmo con varios muíños

De industrias a museos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Concello de Sanxenxo acaba de pechar o acordo para adquirir a antiga fábrica de tellas da Fianteira, en Vilalonga coa intención de reformar as instalación e crear nese lugar un museo etnográfico. O espazo adquirido ten en bo estado os fornos e as instalacións propias destas industrias, que se comezaron a instalar nesta zona a comezos do século XX. De xeito semellante, o Concello de Ribadumia transformará en museos etnográficos os muíños restaurados que se integran actualmente na chamada “Ruta da Auga”. As edificacións amosarán o funcionamento tradicional dun muíño ademais de diferentes materiais que representen o xeito de vida tradicional.

Máis información sobre a fábrica de tella en Diario de Arousa e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sanxenxo, Muíños, Museos, Arousa...

Claves

Entidades
Conceptos