Bueu prepara a celebración do Ano Lugrís mentres Sanxenxo organiza a convivencia de doce artistas

Arte e concello

Os concellos das Rías Baixas están a apostar pola arte. Bueu está a ultimar as actividades que conformarán o Ano Lugrís, co que se quere homenaxear este pintor até final de 2004. Entre as propostas municipais están visitas de escolares aos museos que albergan obras do pintor que se combinan co coñecemento de carpintarías de ribeira e a familiarización cos elementos marítimos presentes nesas obras. Pola súa banda, Sanxenxo acollerá entre o 22 e o 31 deste mes doce estudantes de Belas Artes que, procedentes de todo o estado, participarán cunha experiencia artística artellada arredor da cor azul.

Máis información sobre a convivencia artística en Diario de Arousa