O Xabarín Club celebra os seus dez anos coa publicación dun disco e dun DVD que escolman a produción musical do programa

Xaba total

17/12/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Son xa os volumes seis e sete, respectivamente da serie "A cantar con Xabarín". O veterano programa da galega, que está a facer este ano o seu décimo aniversario, pon a disposición do público, a través dos quioscos e conxuntamente con "La Voz de Galicia" un CD cos grandes éxitos musicais que xurdiron deste programa. Alén diso, un DVD presenta a totalidade dos vídeos musicais realizados no espazo, polo que pasaron a maior parte dos grupos galegos de pop rock de mediados dos anos noventa.

Máis información en La Voz de Galicia; o noso tema sobre o Xabarín

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con DVD, La Voz de Galicia, Xabarín Club, Pop...