Mutenrohi e Luvas Verdes presentan novos discos mentres o Xabarín anuncia a súa vindeira escolma de grupos

Folk e o novo Xabarín

21/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A banda de folk Mutenrohi cumpre dez anos e publica “... e van dez”, un álbum que, ademais de varios dos temas máis coñecidos do grupo, inclúe un DVD no que se pode ver unha actuación en directo. Tamén pola banda folk, o cuarteto tradicional Luvas Verdes debuta con “Fandango desesperado” no campo discográfico. Virándonos cara ao rock, chéganos a nova de que para o Nadal publicarase un novo álbum do Xabarín Club. Ademais do tema “Os colegas de Xabarín”, con letra de Manuel Romón e Julián Hernández, barállanse para o álbum colaboracións coma as de Iván Ferreiro, Xoel Gómez ou Lamatumbá, segundo asegura “El Correo Gallego”.

Máis información sobre o disco de Mutenrohi e o de Luvas Verdes en La Opinión; o novo álbum do Xabarín en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, El Correo Gallego, Manuel Romón, Julián Hernández...