As fadas, as pandeiretas e os osos centran as últimas presentacións discográficas

Con c de cd

27/12/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A editorial pontevedresa Kalandraka vén de editar este Nadal “O oso fabuloso” un libro disco no que colabora a Orquestra Sinfónica de Galicia para introducir no mundo da música aos rapaces que non saben ler. Pero este Nadal hai máis presentacións discográficas, por unha banda as pandeireteiras Raigañas de Cerqueda acaban de sacar o seu primeiro disco: “Baila que podes bailar” e, por outra banda, Uxía e Mercedes Peón colaboran en “Fadas” un traballo que edita a Factoría Autor (selo discográfico da SGAE) e no que os principais referentes femininos do folk fan sobre as fadas.

Máis información sobre o libro disco de Kalandraka no seu web e en La Opinión sobre os discos das pandereteiras e sobre as fadas

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Nadal, Mercedes Peón, Orquestra Sinfónica de Galicia...