Novidades discográficas enchen de música o inicio do 2005

Que non pare a música

17/1/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O 2005 comeza moi musical. Tanto Brath como Milladoiro preparan respectivos álbumes para festexar o seu 25 aniversario. Os primeiros fano cun CD de novos temas, un libro disco e un recopilatorio “chill-out” e os segundos cunha escolma das súas pezas máis coñecidas acompañadas de artistas convidados. Pero hai máis, Luar na Lubre, Berrogüetto, Na Lúa e Mutenrohi están a piques de presentar novo disco. Os Diplomáticos, Uxía e Budiño están no disco que vén de editar o espazo de Radio 3 “Discópolis” co gallo da emisión do seu programa número cinco mil. Por último, como iniciativa local, “Quoruña” é un disco que recompila a música de 14 grupos coruñeses que forman parte da asociación “Pulso”.

Máis información sobre “Discópolis” en La Opinión, sobre as novidades discográficas en La Voz de Galicia e sobre Quoruña en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Budiño, Luar, Berrogüetto, Luar na Lubre...