Luar celebra dunha edición especial que cumpre 500 programas en antena

Lúa chea

Os venres da TVG son para “Luar”, o programa que presenta e lidera Xosé Ramón Gayoso e que cumpre 500 números. Por iso, este formato televisivo que leva batendo marcas de audiencia no noso país prepárase para unha celebración fiel ao seu estilo. Nun programa dobre (o deste venres 25 e o do 4 de marzo) traerá ao máis representativo dos 5.000 artistas que pasaron polo plató, recibirá as felicitacións dos seus quiñentos programas desde todo o mundo e haberá espazo para o humor, que foi o sinal de identidade dun espazo que popularizou aos Tonechos.

Máis información en La Voz de Galicia, no noso tema sobre ”Os Tonechos” e na súa ficha