O Consello Superior de Arquitectos pide e rehabilitación do arquitecto galego José Caridad

Arquitectos do franquismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Durante o franquismo o Consello Superior e os Colexios de Arquitectos de España elaboraron e aplicaron normas sancionadoras para represaliar aos arquitectos. Hóuboos encarcerados, asasinados e despedidos do seu traballo. Para honrar a memoria dos que foron perseguidos polo réxime acaba de ter lugar unha homenaxe en Madrid. Un acto no que o Consello Superior pediu a rehabilitación de 80 castigados polo franquismo, unha listaxe entre os que figura José Caridad Mateo (Betanzos, 1906), autor de casas como a xoiaría Malde de Santiago, a casa Caramés de Oleiros e que desenvolveu no seu exilio en México todo o seu traballo profesional.

Máis información en El Progreso

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Franquismo, El Progreso, Oleiros, Betanzos...

Claves

Entidades
Conceptos