Estamos afeitos a que haxa textos de referencia, a través dos cales definimos e interpretamos o mundo, que chegan a nós xa acabados, como é o caso das enciclopedias. Por esta causa, é fácil que axiña fiquen desfasados e que respondan a unha visión monolÃtica do mundo, para alén de teren un importante custo económico. No entanto, coma sempre hai outro xeito de facer as cousas. Internet acolle desde hai tres anos o proxecto da Wikipedia, unha enciclopedia participativa na que calquera pode engadir e modificar contidos. Este corpus vai medrando a unha velocidade crecente e chega cada vez a máis linguas. O galego, como non, está entre elas.
O Wiki é unha tecnoloxÃa que se aplica a determinados sitios web e que permite, a través do propio navegador e sen instalar ningunha outra aplicación, modificar os seus contidos en calquera momento. É dicir, un web wiki permite que calquera usuario mude o texto dunha páxina, corrixa faltas de ortografÃa ou mesmo estabeleza novas ligazóns con outros webs ao seu libre criterio. Como se pode supor, as posibilidades desta tecnoloxÃa son inmensas á hora de organizar foros ou eventos participativos a través da rede. Coma un aproveitamento natural desas posibilidades, en xaneiro do ano 2001 nacÃa a Wikipedia, un proxecto que pretendÃa conseguir unha enciclopedia viva e democrática, artellada a partir do traballo voluntario de milleiros de internautas que van ampliando e mellorando o proxecto, e que fose medrando e actualizándose co tempo.
Como funciona
A nivel de consulta, a Wikipedia non se diferenza moito de calquera outra enciclopedia que se poida encontrar na rede. Cada entrada contén unha definición máis ou menos ampla na cal se estabelecen ligazóns a outras entradas do proxecto. Até aquà todo normal. O que acontece é que, en entrando no web, calquera usuario pode modificar o mesmo texto que está a ler, coa única limitación dalgunhas páxinas nas que se presenta o proxecto e que están pechadas a mudanzas. Deste xeito, se estamos a consultar unha entrada sobre, por exemplo, Vigo, e encontramos que, ao noso parecer, a información existente sobre barrio de Lavadores é incompleta, non temos máis que premer na ligazón "Editar" que existe nesa entrada, e agregar os nosos coñecemento á Wikipedia de xeito inmediato e sen que ninguén estabeleza un control sobre o que facemos. Iso si, debemos ter en conta que os contidos deste proxecto xestiónanse cunha licenza GNU (GNU Free Documentation LÃcense), polo que ningún dos autores que participan na edición de contidos poderá reclamar a propiedade intelectual dos mesmos, e estes deberán distribuÃrse de xeito libre e gratuÃto. Por esta mesma causa non se poden empregar para a Wikipedia textos tirados de documentos con dereitos de autor.
Regras para sumar
Seguindo este sistema, pódense engadir novas entradas, sumar novos datos e fotografÃas ás xa existentes e facer correccións lingüÃsticas ou de estilo. Coa intención de coordinar minimamente este caudal de información, a Wikipedia recomenda aos internautas interesados en colaborar co proxecto regularmente rexistrarse e participar asà en foros e discusións nos que se vai analizando o que queda por facer e se resolven as dúbidas sobre como desenvolver o traballo. Do mesmo xeito, agradecen que se faga unha breve descrición das mudanzas realizada na sección "Resumo" para que todo o mundo poida saber as novidades que vai habendo no conxunto.
A Wikipedia na casa
Desde o seu nacemento, a Wikipedia en inglés foi medrando a un ritmo acelerado até ter na actualidade 372.631 artigos, segundo o propio web do colectivo. Simultaneamente foron xurdindo ao longo do mundo diferentes propostas para facer novas enciclopedias nos máis variados idiomas, chegando xa a 109 versións deste proxecto noutras tantas variantes lingüÃsticas. A versión en galego deste proxecto non tardou moito, e o vinte de xullo de 2002 botaba a andar a Wikipedia en galego (ou Galipedia). Desde entón e até o dÃa de hoxe son xa 1.712 os artigos que se incorporaron a este proxecto, evidentemente a través do traballo voluntario de diferentes internautas do paÃs. Segundo as ligazóns internas entre artigos, criterio que se emprega para ordenar as diferentes versións, a wikipedia galega encóntrase no posto trinta e seis da clasificación por idiomas, inmediatamente logo do bosnio e cinco postos por detrás do latÃn. Mentres, o español ocupa o oitavo posto da lista e o portugués o décimo primeiro. Por detrás nosa está aÃnda o asturiano, no posto cincuenta e dous, e o vasco, que ocupa o sesenta e tres. Como se pode imaxinar son multitude as linguas minorizadas que aproveitan esta vÃa para incrementar a súa presenza na rede de permitir aos seus usuarios ter acceso a informacións básicas de todo tipo no seu propio idioma.
Tamén en dicionario
Paralelamente ao proxecto da Wikipedia, existe, coordinado pola mesma entidade, a Wikimedia Foundation, un Wikcionario. Este proxecto pretende facer un dicionario multilingüe seguindo os mesmos principios que rexen para a Wikipedia, e de novo en Galicia dispomos dunha versión deste proxecto. O Wikcionario galego é moito máis recente do que a Galipedia, xa que naceu aÃnda no mes de maio de 2004, mais o seu ritmo de crecemento é tal que nestes meses xa se incorporaron 749 entradas ao proxecto. De calquera xeito, como non se cansan de repetir os colaboradores habituais do proxecto, agardan por novos apoios para seguir desenvolvendo o proxecto. Desde a propia casa, e seguindo os gustos e posibilidades de cada un, a verdade é que un convite que semella sinxelo de seguir.