Os xoieiros galegos intégranse nunha rede de xestión pioneira a través de Internet

Pedras preciosas dixitais

Case cen xoiarías do noso país acaban de se integrar en Xoias, unha rede informática artellada polo grupo R que fornece este sector de ferramentas de venda e xestión dos seus negocios a través de Internet. Un equipo que integra computador e caixa rexistradora permite levar un control automatizado do negocio así como contactar con outros comercio do gremio. Finalmente, o programa ofrece a posibilidade de venda a través da rede.

Máis información no web de Xoias