As ilustracións que Pablo Amargo fixo para o libro “O monstro da choiva” escrito pola galega Marilar Aleixandre, valéronlle o Premio Nacional á mellor ilustración do Libro Infantil e Xuvenil que concede cada ano o Ministerio de Cultura. Pola súa banda, a editora pontevedresa Kalandraka conseguiu o segundo premio coa obra “Pancho”, escrita e debuxada por Antonio Santos. A editora suma asà este galardón ao que recibiu a comezos deste mes á obra mellor editada.
Máis información no web do Ministerio(en PDF); e nos nosos arquivos