A Coruña organiza un Contacontos e Pontevedra e Vigo xogan coa lingua

Son coma nenos

| Santiago.Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os nenos e os contos son os protagonistas en lugares ben diferentes. Mentres en Compostela se prepara unha nova edición do Correlingua, a Mesa pola Normalización Lingüística fomentará o emprego do galego entre os máis novos a través de obras de teatro e xogos ó aire libre en Vigo e Pontevedra. E, por outra banda, a Fundación Meniños organiza un contacontos que contará coa presencia de Andrés Pajares, Marta Sánchez, Manuel Manquiña. Sergio Pazos.


Os meniños da Coruña contan contos

A Fundación Meniños de axuda á infancia está organizando para o vindeiro día 12 de maio no Teatro Colón unha sesión moi especial: un maratón de contacontos. A experiencia, comezará ás 17:00 horas e contará coa presencia de Andrés Pajares, Marta Sánchez, Manuel Manquiña, Sergio Pazos, Lino Braxe ou Xurxo Souto, presentados por Xosé Ramón Gayoso, conductor do programa da TVG "Luar". A experiencia serviralle a Fundación para dar a coñecer as accións da Fundación Meniños dirixidas no campo de axuda á infancia. Unha actividade que permitiu que no ano 2000, 48 nenos galegos puidesen vivir coas súas familias unha vez resolta a situación de maltrato detectada.

Xogos coa lingua

Teatro, contacontos e xogos ó aire libre son as iniciativas que a Mesa da Normalización Lingüística adoptou nos concellos de Vigo e Pontevedra para fomentar o emprego do galego entre os máis novos. Esta campaña, titulada ¿Xogas?, é a primeira que consegue unir a ámbolos dous concellos para que os rapaces galego-falantes teñan actividades extraescolares en galego. Unha campaña que pretenende frear a perda xeracional da lingua creando espacios de relacións social entre os cativos.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito