O Correlingua incorpora un certame musical e un concurso de vídeos nesta edición 2011

A tradicional carreira en prol de idioma presenta varias novidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“Eu falo galego porque...” Deste xeito deberán comezar os vídeos que concursan no certame de vídeo do Correlingua 2011. É unha das grandes novidades desta edición que tamén inclúe un certame músical. Un concurso para dar a coñecer entre a xente nova a grupos ou solistas galegos e que nace da colaboración entre as entidades organizadoras do Correlingua (Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo) xunto coa plataforma Komunikando. Os tres grupos gañadores (por votación popular e a través dun xurado) coñeceranse o vindeiro 14 de abril e ofrecerán 14 concertos.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Correlingua, Normalización Lingüística, CIG, Mesa pola Normalización Lingüística...