Comeza o Correlingua, a carreira en defensa do idioma

Corre e fala

Preparados, listos... ¡xa! O parque de Castrelos de Vigo viu onte ás dez e media da mañá com máis de dúas mil persoas, na súa maioría escolares, botaban a correr pola cidade adiante baixo o lema "¡Non quedes coa lingua de fóra!". A carreira, organizada pola Mesa Pola Normalicación Lingüística (MNL), a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Sección de Ensino da Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino) e Nova Escola Galega percorrerá diferentes cidades e vilas do país ata o vindeiro día dezaseis.






A saída





Vigo foi a cidade na que se iniciou a carreira. Escolares de vinteseis centros de ensino realizaron un percorrido por diferentes rúas da cidade. O escritor Fran Alonso que leu o manifesto da carreira e dirixiuse ós participantes sinalando que o noso idioma "cura os nervios, os pés planos, as dores de cabeza, a gripe e moitas outras cousas". Os xogadores do Celta Coira e Cuñago tamén participaron no acto instando á mocidade a levar o galego polo mundo. Tamén onte en Ponteareas unha máis dun milleiro de persoas correron polas rúas da vila. Hoxe tomará o testemuño Ourense, onde tamén se prevé unha alta participación.












Por toda Galicia



Este é o primeiro ano que o Correlingua se celebra por todo o país. As carreiras que se realizarán na diferentes cidades estarán enlazadas pola lectura dun único manifesto ó final de cada unha. Neste texo faise fincapé na necesidade de que se promova a lingua nas novas xeracións para evitar a súa morte e reclámase o emprego do galego en todos os campos da vida. Despois de Ourense, a carreira será na coruña o día dez, e o once correrase simultaneamente en Ferrol, O Rosal, Tomiño, Tui e Oia. Para o día catorce está prevista a carreira en Pontevedra e para o quince en Lugo.










A chegada


A carreira coa que rematará esta edición do Correlingua celebrarase en Compostela o día dezaseis, véspera do Días das Letras. Ademais da carreira en sí, o Concello de Santiago está a desenvolver unha "busca do tesouro" na que os participantes deben percorrer diferentes lugares da cidade relacionados coa lingua seguindo pistas. Os gañadores desta busca recibirán o seu premio na Praza da Quintana ó remate da carreira.