O Correlingua 2011 quere chegar a 45.000 participantes

As carreiras celebraranse entre o 2 e o 13 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Cartel do Correlingua 2011

Cartel do Correlingua 2011

A edición 2011 do Correlingua contará con 45.000 participantes, 5.000 máis do que no pasado ano, segundo as previsións da organización. A Coruña acollía esta mañá a presentación da iniciativa, que entre outras novidades inclúe un concurso de vídeos que se compartirán a través das redes sociais e un certame de galeoke. Ademais, mantéñense propostas como a elección popular dos grupos que tocarán nos diferentes concertos do evento, o certame de BD ou o de redacción do manifesto, no que resultou vencedor un centro da Laracha. As carreiras transcorrerán por quince localidades do noso país entre os vindeiros 2 e 13 de maio, comezando en Compostela e rematando en Ourense.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Correlingua, Manifesto, A Laracha, Ourense...