Preto de 40.000 alumnos de centros educativos de catorce comarcas do noso país participarán na edición 2010 de Correlingua, que se inicia o vindeiro 3 de maio en Santiago de Compostela. Co lema Galego: A forza do noso amor a convocatoria inclúe este ano o certame Cantalingua, no que poden participar grupos con cancións en galego. Os gañadores darán once concertos ao longo da celebración. Nesta ocasión, o Correlingua celébrase sen o apoio da Consellaría de Educación, como viña sendo habitual nos últimos anos.
A edición 2010 de Correlingua quere chegar a 40.000 escolares
O evento celébrase co lema Galego: A forza do noso amor
26 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Correlingua, Educación, Consellaría de Educación, Santiago de Compostela
Claves
Entidades
Conceptos
Lugares
