Está xa aberta na rede a convocatoria para a edición de 2012 do Correlingua. A carreira escolar a prol do galego ten este ano como lema Galego, todo o que buscas, xogando coa referencia ao coñecido buscador Google. Os interesados en participar, teñen xa aberto o prazo para os certames de banda deseñada, video e da elaboración do manifesto, así como a inscrición para participar nas carreiras por vilas e cidades do país. Do mesmo xeito, está aberta a inscrición para o certame cantalingua, de onde sairán os grupos que van actuar nas galas finais de cada localidade, onde tamén haberá, como novidade, certames de Galeoke.
Os organizadores do evento lembran que nos últimos dous anos, a carreira organizáse sen apoio da Xunta, e sinalan que, no entanto, continúa a medrar a participación ano a ano. Desta volta está previsto que a celebración chegue a 14 vilas e cidades do país.