Ourense acolle esta mañá a primeira etapa do Correlingua 2012. A XIII carreira a prol do galego percorrerá ata o vindeiro 16 de maio Narón, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo, Tui, Moaña, Silleda, Monforte e Viveiro baixo o lema Galego. Todo o que buscas. Ao final de cada etapa, haberá unha actuación, segundo o dÃa, a cargo de Xenderal, Chupadeskay e Roger de Flor e os Silvestres, grupos gañadores do certame Cantalingua 2012. Iria Sobrado, do grupo de música infantil Pirilampo, tamén fará parte das festas finais.
A retirada de apoio do Concello de Compostela, que anunciou que non achegará infraestruturas ao evento e que o tratará como unha manifestación e mais os problemas co Concello da Coruña, que non cederá o espazo acordado inicialmente, marcan esta edición da carreira.