Vigo e Pontevedra inician o Correlingua 2009

Catorce carreiras percorreran o país entre o 4 e o 15 de maio

Arrinca a edición 2009 do Correlingua. A carreira a prol do galego terá a súa primeira etapa o día catro de maio en Vigo e en Pontevedra. A partir de aí, outras doce vilas e cidades do noso país acollerán esta actividade, que rematará na Coruña o vindeiro día 15. En total, agárdase que participen nesta edición uns 45.000 alumnos e alumnas de 500 centros de ensino de todo o país. Ademais das carreiras populares, en cada unha das etapas haberá concertos a cargo de Chámalle Xis (en 7 das festas finais), Hugo Torreiro (noutras cinco) e actuacións teatrais a cargo de grupos coma Fantoche Baj ou Chévere.

CALENDARIO CORRELINGUA 2009
Vigo 05/05/2009 Vigo
Pontevedra 05/05/2009 Pontevedra
Ourense 06/05/2009 Ourense
Santiago de Compostela 07/05/2009 Santiago de Compostela
Ribeira Sacra 08/05/2009 Monforte
Monterrei 08/05/2009 Verín
Lugo 11/05/2009 Lugo
A Mariña 12/05/2009 San Cibrao (Cervo)
A Barbanza 12/05/2009 A Pobra do Caramiñal
Baixo Miño 13/05/2009 Baixo Miño
Ferrolterra 13/05/2009 Ferrol
O Salnés 14/05/2009 Vilagarcía
A Estrada 14/05/2009 A Estrada
A Coruña 15/05/2009 A Coruña