
Nesta edición ademais das carreiras deportivas xa se celebraron varios certames para a elaboración dun manifesto e dun vÃdeo, a partir dos que se pode comprobar que o alumnado analiza o contexto lingüÃstico no que se sitúan falando galego.
Os traballos gañadores foron os elaborados polo alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria do centro Sagrada Familia de Aldán, en Cangas (Pontevedra), e o de 4º de ESO do CPI Pontecesures (Pontevedra).
Cada unha das doce carreiras rematará nunha festa final na que se dará lectura ao manifesto gañador e na que actuará un dos grupos gañadores do Cantalingua, outro dos certames do Correlingua. Para esta edición os grupos seleccionados foron elixidos polo alumnado e o profesorado de diversos centros e os gañadores son: Bocinazo, Monoulious Dop e Sacha na horta. O músico e escritor Xurxo Souto, autor do himno do Correlingua, será o encargado de conducir o acto da festa final desta edición.