Ferrín recibe o Trasalba e o escritor Carlos Mosteiro faise co Abril

Premios primaverais

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A primavera transcorre e vanse coñocendo novos premios literarios. A Fundación Otero Pedrayo desvelou onte que o premio Trasalba na súa edición do ano 2001 foi concedido a Xosé Luis Méndez Ferrín en recoñecemento á súa obra e á súa admiración pola figura de Otero Pedrayo. O outro premio destas datas é para un escritor máis novo, Carlos Mosteiro, que se fixo co Premio Abril de literatura para mozos. A súa obra foi seleccionada entre trinta e oito de todo o estado.

Ferrín en Trasalba

Segundo sinalou onte o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Agustín Sixto Seco, o premio recaeu en Ferrín "porque o seu importante labor intelectual estivo sempre ó servicio de Galicia". Ademais tívose en conta a "especial devoción" pola obra e os valores de Otero Pedrayo que ten manifestado en diferentes ocasións o escritor premiado. O premio entregraráselle a Ferrín o 24 de xuño no Pazo de Trasalba, sede da Fundación, durante unha festa literaria.


Mosteiro en Abril

O profesor Carlos Mosteiro obtivo coa súa obra "Manual de instruccións para querer a Irene" o premio Abril de Literatura para mozos. A obra foi seleccionada entre trinta e oito obras de todo o estado. O autor recibirá con este premio tres millóns de pesetas, e o seu libro será publicado en aragonés, asturiano, castelán, catalán, galego e basco. O premio está organizado por Editores Asociados, entidade que agrupa editoriais de todo o estado, estando a representación galega a cargo de Galaxia.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Mosteiro, Trasalba, Literatura, Méndez Ferrín...