A vida e obra de Curros Enríquez (Celanova, 1851- A Habana, 1908) fai parte do noso universo literario. De sobras é ben coñecido a súa poética, as súas crónicas xornalísticas como correspondente de guerra, talvez menos sonada é a súa relación formal co protestantismo e coa masonaría. Mais hai unha amizade pouco comentada na súa biografía, a que mantivo con Chané (José Castro González), que deu lugar ao inicio da coñecida como canción galega. Isto e moito máis está nun volume dobre que o Consello da Cultura Galega presenta hoxe en Celanova.
En setembro de 2001, o Consello da Cultura Galega celebraba en Celanova, coa colaboración da fundación Curros Enríquez, o congreso "Curros e o seu tempo". Daquelas xornadas de tres días xestouse en dous volumes de case setecentas páxinas cada un que se converten no documento máis amplo publicado sobre o poeta celanovés. As actas serán presentadas hoxe na Fundación Curros Enríquez en Celanova. Deixando á marxe a súa faceta literaria, unha das principais achegas daquel congreso foi a de Patrocinio Ríos, licenciado en Filoloxía Románica e profesor do Middlebury College en Madrid, que aportou un matiz novo dentro da súa biografía: a vinculación do poeta de Galicia con "misioneiros británicos e americanos, que desenvolvían a tarefa de difundir o Evanxeo como misioneiro laico a soldo". Mais entre as curiosidades do congreso, alén do ideario político e relixioso que Curros profesou, hai unha especialmente significativa, os seus textos serviron de base para que un coñecido músico da época José Castro González, Chané, os musicase e servise de base para a "canción galega".
Entre Curros e Chané
María Baliñas, estudosa que no congreso publicou un relatorio titulado "As catro melodías galegas de Chané sobre poemas de Curros" apunta que non está claro cando se coñeceron Curros e Chané; mais o caso é que no tempo que ambos estiveron en La Habana (despois de 1893) intensificaron esa relación. Tampouco hai datos concretos sobre como Chané comeza a utilizar os textos de Curros, pero iso pode ter unha explicación coñecendo o seu contexto. María Baliñas explica que "a práctica habitual de case todos os compositores de cancións nos últimos séculos tanto en Europa como noutros países occidentais utilizan poemarios xa publicados. En todo caso, sempre se utilizan poetas de grande prestixio literario, a miúdo vivos". En Galicia as cancións destes anos fanse principalmente sobre 'Follas Novas' de Rosalía (moi raramente 'Cantares Gallegos') e Curros Enríquez.
A canción galega no seu contexto
A finais do século XIX en toda Europa estaba a florecer unha canción tipista ou pseudofolclórica, que daría pé ao que máis tarde se chamarían os nacionalismos musicais e que está a medio camiño entre a tradición da música culta e o auxe crecente da música popular. María Baliño, estudosa da relación musical entre Curros e Chané, apunta que se "sitúa dentro do xénero da canción de arte da Belle Époque, unha moda que se da en todos os países occidentais, e especialmente en ambientes urbanos e cunha florecente burguesía". Un fenómeno que se chama de diferentes xeitos en función de onde se produza: lied en Alemaña, mélodie en Francia, romanze en Italia, pesna en ruso... aínda que estilisticamente as diferenzas son mínimas. "O termo galego máis axeitado, apunta María Baliñas, é 'melodía galega' debido a que o modelo que imitaban desde a época doutro músico galego Marcial de Adalid era a mélodie francesa, alén da denominación de xénero". É o que se coñece como a canción de arte sobre a grande poesía e na que a mélodie francesa era o referente a seguir. E tal como os franceses partían de textos de Vitor Hugo, Lamartine ou Verlain; os alemáns facían o mesmo con Heine ou Goethe e os rusos con Pushkin.
O principal destino das cancións de Curros e de Chané eran os salóns e, de cando en cando para algún concerto. Pero o que os seus artífices non puideron pensar é que a canción para canto e piano ou pequeno grupo instrumental se ía converter nun xénero extremadamente popular.
Cancións en galego para todos
Do mesmo momento no que a canción galega se presenta como un xénero eminentemente popular e se parte dun texto en galego, a canción de Curros musicada por Chané podería contribuír para a dignificación do idioma. María Baliñas apunta nesta dirección, ao suxerir que "estas cancións puideron servir para dignificar o idioma, xa que eran interpretadas principalmente por clases medias e altas. Ademais este proceso de dignificación social do idioma por medio da canción está bastante estudado no caso de Italia, onde a estandarización do idioma é moi posterior á constitución do estado italiano. Ademais está estudado o papel das 'romanze d'arti' na difusión do italiano standard nun país no que o 80% da poboación era analfabeta. Isto afectou mesmo á normalización do italiano na emigración neoiorquina ou bonaerense". Pero María Baliñas, alén de referirnos ao seu artigo publicado no dobre volume do Consello da Cultura Galega, remarca que "aplicar este modelo ao galego sen un estudo sistemático sería arriscado". En todo caso, o que si se pode demostrar é que as cancións que Chané compuxo a partir dos textos de Curros formaron parte dos repertorios de moitas cantantes españolas das primeiras décadas do XX. Foi o éxito da canción galega.