A obra literaria e os aspectos ideolóxicos de Manuel Curros EnrÃquez (Celanova, 1851- A Habana, 1908) son o obxecto de análise do congreso "Curros EnrÃquez e o seu tempo: razón e oportunidade" que terá lugar a vindeira semana en Celanova. Unhas xornadas que pretenden afondar tamén no papel que o poeta desenvolveu no mapa intelectual e polÃtico do século XIX.
Iniciativa
Hai máis dun ano un grupo de profesionais das letras e admiradores do saber facer literario de Curros EnrÃquez decidiron organizar unhas xornadas para lembrar a súa figura cando se cumplisen 150 anos do seu nacemento. Desta idea tivo coñecemento o Consello da Cultura Galega que decidÃu converterse en institución organizadora para que se lle puidese dar todo o apoio preciso na divulgación da súa figura.
Desde entón levan un ano traballando para aglutinar nun congreso, con carácter internacional, a todas aquelas persoas que teñan páxinas pubicadas páxinas sobre Curros e que puidesen aportar unha visión máis ampla sobre a vida e a obra do escritor.
O congreso pretende facer un achegamento moito máis profundo que cando en 1976 a Real Academia Galega lle adicou o dÃa das Letras Galegas, momento que debido ó seu republicanismo e desavinzas coa igrexa non se puido afondar nos seus aspectos ideolóxicos.
Programa
Por ese mesmo motivo, o Consello da Cultura Galega e o Concello de Celanova conseguiron montar un programa que pretende abordar a figura de Curros desde un xeito transdisciplinar. Desde a súa biografÃa, ata a súa correspondencia pasandando pola súa etapa cubana, a súa colaboración xornalÃstica e a súa faceta como traductor sen esquecer os seus aspectos ideolóxicos.
Asà o programa conta con importantes ponentes e figuras destacadas de cada unha das seccións nas que se divide o congreso.
As inscripcións (o prazo está aberto do 3 ó 10 de setembro) poderán facerse en liña a través da propia web do Consello da Cultura Galega, que ofrece a posibilidade de alonxarse en Celanova nas datas de celebración do congreso.