O Concello de Compostela presenta un videoxogo para potenciar o galego

Xogando coa lingua

| Santiago.Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Santiago vén de presentar o videoxogo "O misterio das 7 pezas", que pretende difundir o emprego do idioma galego entre a mocidade, sector no que se rexistra a maior perda de falantes. A realización correu a cargo da compañía Imaxin Software.

A xogar

O xogo está ambientado na Compostela dun futuro achegado, o ano 2005. O xogador manexa a Ana Branco, unha heroína que deber percorrer a cidade buscando obxectos representativos da cidade, coma a esfera que sostén o Atlas da praza do Toural ou o cilindro do convento de Santa Clara. Na súa busca percorre diferentes escenarios da cidade, coma o Obradoiro, o Toural o CGAC ou San Domingos de Bonaval. Segundo Diego Vázquez, da compañía que elaborou o xogo, "non se trata dunha aula de galego", e co xogo búscase fomentar o diálogo en galego e favorecer a convivencia.


O proxecto

A realización do xogo enmarcouse dentro da pogramación da Capitalidade Cultural do ano 2000 e contou coa colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta. No proxecto interviron profesionais de disciplinas tan variadas coma a informática, a música, a ilustración ou a pedagoxía. O manexo do programa é moi sinxelo, está deseñado para que poida realizarse por etapas e aporte material para varias xornadas con diversos grados de dificultade, o que facilita o seu emprego por rapaces e rapazas de diversas idades.


Distribución


"O misterio das 7 pezas" sae á rúa cunha edición de 2.000 exemplares que se distribuirán en colexios, sendo xa trece os centros que solicitaron exemplares. Desde a Dirección Xeral de Política Lingüística sinalouse que se a aceptación do xogo é positiva, realizarase unha nova edición para distribuíla en todos os colexios galegos.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

A chave do futuro

A chave do futuro

Os XIV Encontros para a Normalización Lingüística céntranse na acción coa mocidade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Concello de Santiago, Política Lingüística, Dirección Xeral de Política Lingüística...