A ConcellerÃa de Normalización LingüÃstica de Compostela vén de presentar un completo estudio que revela que a cidade está a sufrir unha reducción continua do número de falantes, o que está relacionado co envellecemento poboacional. O estudio, de duascentas cincuenta páxinas, actualiza dos datos do Mapa SocilingüÃstico de Galicia incide no feito de que as novas xeración realizan a súa vida maioritariamente en castelán. E as malas noticias sobre a lingua non chegan só desde Compostela. O concello bercián de Veiga de Valcarce, onde recentemente se recoñecera a cooficialidade de galego e castelán na administración, está en tratos coa Xunta de Castela e León para anular esa orde.
Imos a menos
O estudio, de carácter multidisciplinar e e no que participaron numerosos profesionais de diversos ámbitos e institucións, revela que se está a dar unha perda da transmisión familiar do galego, o que inflúe en que as xeracións máis novas non empreguen a nosa lingua habitualmente. A pesar do panorama desalentador que amosa, este estudio tamén reflicte que o galego segue a ser a lingua maioritaria da cidade, xa que un trinta por cento dos habitantes declara falar só galego ou maioritariamente en galego. Con respecto a outras cidades, Compostela ten unha situación máis favorable xa que o español só é a lingua maioritaria nos falantes de entre 16 e 25 anos, mentres que na Coruña e en Pontevedra tamén o é entre os 26 e os 40.
Dentro da propia cidade obsérvanse diferentes actitudes cara o idioma segundo a zona ou a clase social. AsÃ, o estudio revela que o ensanche está moito máis castelanizado que o casco vello, e que é na zona urbana onde se fala máis español, cun 33,9% da poboación, fronte á zona periurbana onde o 54,8% da xente fala maioritariamente galego. En canto a estratos sociais, é a clase baixa seguida da media-alta a que mellor ve o emprego do galego. Segundo sinalan desde o concello a utilización maioritaria do español en ámbitos emerxentes como a informática ou a comunicación ameaza seriamente a pervivencia do noso idioma. A nivel local, a actitude negativa da igrexa cara o noso idioma e a publicidade turÃstica en español provocan un efecto negativo na nosa lingua, mentres que a implantación de novas empresas e áreas comerciais con prácitacas galeguizadoras provocan un efecto positivo na valoración do idioma.
Recuando no Bierzo
Segundo recollen hoxe diferentes medios de comunicación, a cooficialidade do galego no concello bercián de Veiga de Valcarce pode verse anulada de prosperar as negociacións entre a Xunta de Castela e León e o Concello. Segundo publica hoxe o xornal electrónico Bierzo Noticias, existe xa un comezo de acordo entre as dúas institucións para proceder á anulación da orde de cooficialidade, aprobada o vintecatro de febreiro por unanimidade nun pleno municipal. A orde de cooficialidade xa fora revocada pola Xunta de Castela e León alegando que o concello carecÃa de competencias en materia de lingua. O acordo en cuestión recolle que a Administración Autonómica destinará 27 millóns de pesetas a obras de infraestructura na zona, como son o acondicionamento da residencia de ancián e o alumeado do tramo do Camiño de Santiago que transcorre pola vila.