Preséntanse un videoxogo e un xogo de mesa para potenciar o galego

Poñer a lingua na pantalla e xogar

| Santiago.Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Achegar ós máis novos o noso idioma é o obxectivos dos dous xogos realizados na Universidade de Vigo e editados en colaboración coa Xunta e Caixanova. "A aventura máxica de Merliño" é un videoxogo no que os participantes coñecen contos e lendas tradicionais do país, mentres "Arcano - O xogo de Galicia" é un xogo de mesa no que se proba o coñecemento dos participantes sobre o noso país. Outra novidade informática relacionada coa lingua que coñecemos estes días é o diccionario web inglés-euskara, euskara inglés que vén de realizar a empresa galega Imaxín Software.

No ordenador

"A aventura máxica de Merliño" é unha aventura en CD-Rom que permite ós usuarios coñecer difertenes lugares de galicia e resolver un misterio coa axuda dun trasno. A ambientación do xogo está baseada en lendas e contos populares do país e pretende dar a coñecer diferentes aspectos da nosa tradición. Este xogo viu unha edición de cincuenta mil exemplares que se repartirán por centros docentes do país e foi realizado por Xosé Luís Martínez Orge e por Marcos Valiño García, do Grupo de Investigación de Sistemas Informáticos de Nova Xeración da Universidade de Vigo.


Na mesa

Pola súa banda "Arcano, o xogo de Galicia" é un xogo de mesa no que o participante debe percorrer o mapa de Galicia respondendo a diferntes preguntas ata chegar a Compostela. As máis de dúas mil preguntas do xogo versan sobre xeografía, historia, tradición e cultura xeral, ademais de incluír preguntas para nenos. O xogo, realizado por Alberto Agra Paz, será editado nunha tiraxe de quince mil unidades que se distribuirán en centros de ensino e culturais e asociacións do país.
A realización dos dous xogos foi financiada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e por Caixanova.


Un diccionario

A empresa informática Imaxin Software vén de presentar o Diccionario Inglés-Euskara, Euskara-Inglés en web que desenvolveu para o Goberno Basco. Este diccionario, o primeiro para estes idiomas existente na rede, foi desenvolvido enteiramente coa tecnoloxía XML e recolle máis de 40.000 entradas para os dous idiomas, o que supón o volcado do diccionario estándar que existe para estes dous idiomas.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Contos, Universidade de Vigo, Caixanova, Xeografía...