O certame Lueiro Rey case duplica o número de orixinais recibidos respecto ao ano pasado

Vinte a polo Rey

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Concello do Grove recibiu até agora vinte obras que concorrerán ao premio Lueiro Rey. A esperas de que poidan chegar máis exemplares enviados por correo dentro do prazo rematado o pasado domingo, o concello grovense valorou como un éxito a convocatoria deste ano, que supera amplamente a ducia de obras recibidas na anterior edición. Unha forte campaña de divulgación acompañou a esta duodécima edición do certame de novela curta levando a convocatoria a bibliotecas, institucións, medios de comunicación, centros de ensino, museos e outras moitas entidades educativas e culturais tanto públicas como privadas.

Máis información na edición de hoxe de Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grove, Medios de comunicación, Bibliotecas, Museos...