Durante unha semana cada ano, a Coruña que todos coñecemos é unha porta de cara a outros mundos. Profesionais de primeira liña no sector da animación en tres dimensións e da arte dixital de todo o mundo achéganse desde hai xa tres anos ao encontro Mundos Dixitais, que está a converter a Cidade Herculina nun referente internacional neste campo.
"O precursor de Mundos Dixitais foron os obradoiros "Cero en Conduta" que organiza o CGAI" explica o actual director do encontro, Manuel Meijide. "Hai catro anos pensouse en facer un par de conferencias dentro deles sobre animación en tres dimensións, que estaba moi de moda daquela. E tivo tal acollida que xa para o seguinte ano se pensou un evento independente dos cursos e organizouse a primeira edición". Aos poucos, o encontro foise consolidando, e no 2004 chega á súa terceira edición coma un punto de encontro imprescindÃbel para os profesionais de todo o Estado e sendo xa coñecido en boa parte do mundo.
Estrelas do ceo dixital
Unha das caracterÃsticas que fan de Mundos Dixitais un encontro único é a importancia das figuras do mundo de animación que se achegan cada ano á Coruña. Os creadores de "Camiñando entre dinosauros", os animadores de "Shrek", os encargados dos efectos dixitais en filmes coma "Black hawk derrubado", "Gladiator", "Harry Potter" ou "O señor dos aneis" contaron as súas experiencias e amosaron as súas técnicas de traballo onda membros de destacadas factorÃas de animación coma Pixar ou a propia Disney. En xeral a maior parte das producións internacionais de cinema que nos últimos anos contaron na súa realización cun destacado emprego do computador, quer en canto a animación quer en canto a efectos especiais, estiveron representadas neste encontro. Onda elas, destacadas empresas de animación con sede en Galicia coma Dygra Films presentaron os seus proxectos. "Unha das razóns fundamentais de que acepten vir a un evento coma este é comprobar que aquà se están a facer cousas sobre a animación", explica Meijide. "Os profesionais deste sector non teñen interese en ir a un lugar onde haxa un encontro de tres dÃas e que está morto o resto do ano". Segundo o director do encontro, "saben que en Galicia o audiovisual e sobre todo o ámbito da animación 3D estase a desenvolver e estanse a facer moitas producións de importancia internacional, e iso para eles é un referente".
Ampliando artes
Abrindo o abano desde a aplicación do computador ao audiovisual, o encontro inclúe, nesta terceira edición unha parte do programa centrada na aplicación das tecnoloxÃas de creación tridimensional á arquitectura. Máis concretamente, este ano o encontro penetra no mundo da arquitectura dixital, é dicir, o desenvolvemento de creacións arquitectónicas feitas exclusivamente para o ciberespacio, unha proposta que é polo de agora moi minoritaria no mundo. Alén diso, abórdanse as posibilidades desta técnica aplicada á reconstrución de monumentos coma o Partenón ou á visualización dun proxecto inacabado como é a Sagrada Familia de Barcelona. Co mesmo espÃrito de aproveitar ao máximo o recurso dos computadores para as máis variadas formas de creación, "nesta edición incluÃmos o seminarios de net-art. Nos que se trata un pouco o que é o estado da arte a través da rede". Coordina este apartado Remedios Zafa, unha das máis destacadas comisarias deste tipo de creacións de todo o Estado.
Os asistentes
"Tanto as conferencias coma os talleres van encamiñados a profesionais da animación e dos efectos especiais e aos alumnos destes estudos", sinala Manuel Meijide. A pesar desta orientación eminentemente profesional, cada edición rolda os catrocentos participantes, vidos nunha grande parte de fóra de Galicia e dispostos a pagar por coñecer as últimas novidades do sector e aprender a manexar os máis modernos programas para crear imaxes por ordenador. "Unha das idea de Mundos Dixitais" é poder xuntar profesionais e estudantes do sector, que por razóns de traballo e de présas non se acostuman encontrar no resto do ano".
Recoñecemento e futuro
O recoñecemento do encontro vaise afianzando polo mundo, segundo explica o seu director. "Eu estiven nalgúns dos eventos máis importante a nivel internacional do sector, e algo que me sorprendeu é que xa non temos que explicar o que é Mundos Dixitais, senón que xa é coñecido". De cara o futuro, "queremos que sexa un punto de referencia para todo o que é o sector da animación e dos efectos especiais tanto a nivel nacional coma internacional" aclara Meixide. "Queremos medrar non só en cantidade, senón tamén en seccións e en eventos, e en vindeiras edicións incluÃr novos contidos relacionados coa arte dixital ou contidos audiovisuais".