O premio Blanco Torres de Ferrín e un certame de narrativa erótica, noticias

Ferrín, erotismo

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Noticias literarias para a fin de semana. A entrega a Méndez Ferrín do premio Blanco Torres de Xornalismo coincide coa convocatoria do primeiro certame de narrativa erótica en galego, realizado por Edicións Positivas.


Ferrín, Blanco Torres

O Concello de Cuntis será o escenario onde se realizará a entrega do II Premio de Xornalismo de Opinión Roberto Blanco Torres a Xosé Luis Méndez Ferrín. Ferín foi galardoado polos artigos de opinión que publica habitualmente no Faro de Vigo nas series "Segunda Feira" e "Os camiños da vida". O premio que convocan conxuntamente o Concello de Cuntis e a Universidade de Santiago de Compostela está dotado cun millón de pesetas e a publicación dunha escolma dos artigos. O premio xurdiu coma homenaxe ó xornalista Roberto Blanco Torres, nacido en Cuntis e a quen se dedicou o Día das Letras Galegas en 1999.

O erotismo, en galego

Edicións Positivas vén de convocar o primeiro certame de narrativa erótica en galego de toda a Historia. Ó premio pode concorrer calquera obra narrativa cunha extensión de entre sesenta e douscentos folios, e debe presentarse antes do día un de xullo no apartado 699 de Compostela. O fallo farase público o día quince de setembro. O xénero erótico apenas contou ata o de agora con presencia nas letras galegas, existindo apenas editados algúns libros de relatos.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Méndez Ferrín, Xornalismo, Edicións Positivas...