Xosé Luís Méndez Ferrín é galardoado co Premio Laxeiro

A entrega realizarase en Vigo o vindeiro 24 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O padroado da Fundación Laxeiro acordou por aclamación recoñecer a Xosé Luís Méndez Ferrín co Premio Laxeiro por "toda unha vida dedicada á literatura galega, na que, coas súas obras acadou un nivel de calidade excepcional". Entre os méritos do galardoado, o comunicado da organización destaca "as achegas literarias de X. L. Méndez Ferrín, indisociábeis das realizadas no ámbito intelectual e das estritamente políticas, resultan xa non só indispensábeis senón mesmo basilares na configuración da Galicia contemporánea. Coma se a súa pituitaria tivese unha singular sensibilidade, Méndez Ferrín detectou o pole de ideas da cultura e do pensamento universais sempre dun xeito precoz, o que o colocou tamén constantemente nunha posición de vangarda". O premio entregarase o vindeiro 24 de febreiro no tradicional xantar que a fundación organiza no restaurante Puerta 98 de Vigo e para o que está aberta a inscrición.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Méndez Ferrín, Laxeiro, Vigo, X. L. Méndez Ferrín...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares