Méndez Ferrín faise co segundo premio Blanco Torres de xornalismo de opinón

Ferrín Blanco Torres

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Os artigos publicados durante todo o ano no "Faro de Vigo" valéronlle a Ferrín o recoñecemento do xurado da segunda edición do premio Blanco Torres de Xornalismo de Opinión. O premio, dotado cun millón de pesetas, é o primeiro que recoñece o labor xornalístico do escritor ourensán.


Un ano de artigos

Méndez Ferrín colabora desde hai anos co xornal "Faro de Vigo" con dúas seccións tituladas "Segunda Feira" e "Os camiños da vida". Foron os artigos publicados durante todo o último ano os que entraron a concurso. O xurado tivo en conta a calidade literaria dos artigos onda a capacidae crítica, a liberdade de opinión e a defensa a identidade galega que presentan os artigos.

Premio e xurado

O premio de xornalismo Blanco Torres está organizado polo Concello de Cuntis, onde naceu o xornalista que lle dá nome, e pola Universidade de Santiago, o que, segundo o galardoado, é unha garantía de independencia. O xurado estivo formado por Darío Villanueva, Carlos Casares, Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández del Riego, Xosé López, Roberto Blanco Valdés, Víctor Freixanes, Xesús Alonso Montero (galardoado na pasada edición) e Eduardo Rei Rodríguez, alcalde de Cuntis.

Blanco Torres

O premio instituíuse na memoria de Roberto Blanco Torres, xornalistaque foi asasinado en 1936 polas súas ideas republicanas. Con este premio preténdese recoñecer o labor desenvolvido no ámbito do xornalismo de opinión durante o ano correspondente a cada unha das edicións. Os artigos premiados publícanse nun volume recopilatorio.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, Méndez Ferrín, Faro de Vigo, Xesús Alonso Montero...