O escritor ferrolán Alberte Momán gaña o certame de narrativa erótica de Edicións Positivas

Premio Narrativas Quentes

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O libro de relatos "O lobo da xente", do escritor Alberte Momán gañou o premio de narrativa erótica convocado por Edicións Positivas. O autor, natural de Ferrol, leva case dez anos interesado activamente no mundo da literatura, tempo en que colaborou con boletíns de poesía e escribiu relatos en libros ideados por "La Voz de Galicia" e a pequena editora de Ortigueira O Paporroibo. O xurado valorou a calidade literaria do conxunto de relatos como o principal valor do dito libro; así como a variedade de ambientes, de situacións e de personaxes. O erotismo dos textos serve como desculpa para falar das distintas condicións humanas.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Alberte Momán, Edicións Positivas, Edicións Positivas...