Case todos os galegos asegura saber o que é internet, mais saber o que é non quere dicir que o manexen habitualmente. Falar de Internet en Galicia, coma de calquera das denominadas tecnoloxÃas da informacións, implica unha serie de tópicos que levan ao mesmo sitio: a escisión entre o que ocorre no mundo rural e o urbano.
Segundo o Observatorio do Centro de Competencias en Comercio electrónico que publica o Observatorio das TecnoloxÃas da Información e da Comunicación, o 73% dos galegos sabe o que é Internet, mais só o 17,6% dos fogares galegos conta con conexión á Rede, sendo o medio urbano o que aglutina a maiorÃa das conexións. O caso é que a penetración de internet nos fogares galegos é inferior ao que acontece na media do estado (de 25.3% segundo datos do INE). Pero esas cifras son relativas a fogares, mentres que se falamos de usuarios a situación é un pouco diferente, xa que a o Estudo Xeral de Medios, constata unha evolución progresiva e constante no número de usuarios porque a xente se conecta tamén desde o traballo ou desde os seus respectivos centros de estudo.
Xosé Pereira, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación, e que está a facer a tese sobre a implantación da sociedade da información no sector audiovisual galego, destaca "a interesante evolución de Internet que se fai nos fogares galegos. Nos últimos anos, o crecemento foi progresivo e constante, especialmente desde o 2003 onde se deu un gran salto, pasando do 18,9% ao 24,4% de usuarios galegos que se conectan (segundo os datos de EGM)". Pereira achega unha apreciación mais, que é que "o uso de internet por persoas maiores de 30 anos é cada vez máis alto e isto indica que pouco a pouco as persoas que están na mellor etapa de produción laboral asumen que Internet se está a converter nunha ferramenta imprescindÃbel".
"Se consideramos”, continúa Pereira, “que a conexión a Internet e a estrutura de redes de comunicación son dous dos alicerces fundamentais da chamada Sociedade da Información, temos que en termos absolutos aÃnda queda moito por facer". E todo iso que queda por facer pasa por diminuÃr a brecha dixital que marca unha situación desigual entre o que acontece no medio urbano e o que pasa no rural. Os operadores de acceso teñen o seu ámbito de implantación nos núcleos urbanos, onde o desenvolvemento é moito menos custoso e isto unido á problemática da tecnoloxÃa TRAC (TecnoloxÃa Rural de Acceso Celular) continúa a abrir a brecha dixital. E os datos son significativos a este respecto.
A panacea: as cidades
A semana pasada Taylor Nelson Sofres presentaba as principais conclusións dun estudo realizado para R sobre o mercado das telecomunicacións nas principais cidades galegas. O informe centrábase en tres apartados: internet, teléfono e televisión.
O principal dato destacaba que o equipamento das principais cidades galegas era superior á media das cidades estatais (é dicir, poboacións superiores ao mais 100.000 habitantes e capitais de provincia). Pero ese mesmo informe tamén apuntaba que a penetración de internet nas cidades galegas, cun 38,2%, superaba a media nacional (nun 30.4 %). E non é que haxa unha implantación maior de internet nas cidades galegas en comparación coas estatais con caracterÃsticas semellantes, senón que tamén presenta un maior grado de penetración a internet con alta velocidade cun 65.1% (a media estatal é dun 40.1%) que con liña convencional (nas cidades galegas é dun 34.9% e nas estatais dun 59.9%). Sempre e segundo os datos obtidos por Sofres entre xaneiro e febreiro deste ano, a maior puxanza da alta velocidades nas cidades galegas se debe ao desenvolvemento experimentado no acceso a internet por fibra óptica, un servizo que ofrece o operador galego do cabo, de aà que é lóxico ver que é R o principal proveedor de acceso a Internet (nun 45.7%) nos fogares destas cidades galegas. Séguelle de preto Telefónica, cun 35.6% aÃnda que segue a ser o principal proveedor de telefonÃa fixa nos fogares das principais cidades.
O informe presentado polo equipo de Taylor Nelson Sofres presentaba a unha Galicia moderna, avanzada e con cifras de conectividade e equipamento moi competitivas. Pero isto se debe a que as súas unidades de análise, só fogares con habitantes comprendidos entre os 14 e os 64 anos, e unicamente no ámbito urbano o que fai que só sexa extensivo sobre o 25% da poboación, xa que a maior parte da nosa pirámide poboacional se concentra no rural. Pero... ¿que pasa no rural?
Os atrancos: o rural
O propio Pereira recorda que "non se pode esquecer que na actualidade aÃnda hai fogares que se conectan ao teléfono por TRAC, cousa esta que impide ter acceso á Internet". De feito, a substitución da tecnoloxÃa rural de acceso celular, a coñecida como TRAC, era un dos principais cometidos da presente lexislatura xa que impedÃa a conexión a internet dunhas 80.000 familias. AÃnda que o inicio do proceso de substitución da tecnoloxÃa, que se iniciou con continuos adiamentos en setembro do 2.002 aÃnda non está completado. Tamén se están a facer experimentos con redes con fÃos ou con satélite (como no caso do concello ourensá de Avión, onde ofrece un servizo pioneiro con tarifa plana e tecnoloxÃa sen fÃos, pero que ten un elevadÃsimo custe: 60.000 euros a instalación e 9.000 euros o alugueiro anual do satélite).
O problema da Internet no rural é o obxecto de iniciativas e proxectos experimentais. Entre estas destacan dúas: por unha banda o proxecto de Cidade Dixital que se está a desenvolver no concello pontevedrés na Estrada. Un proxecto que permite aplicar as tecnoloxÃas da información para a vida diaria, algo asà como ter un DNI electrónico para realizar trámites administrativos, pedir licenzas de obra, falar por teléfono e ver ao mesmo tempo á persoa coa que falas, traballar, ser atendido polo médico a través da telemedicina e todo isto a través do teu ordenador e sen ter que moverte da casa. Non é o único proxecto, a Xunta de Galicia e as Corporacións Locais coa Sociedade da Información e do Coñecemento a través da sociedade Red.es traballan nun proxecto camado "Rural na rede" para achegar a banda ancha ao 58% dos concellos que non teñen acceso ao servizo de ADSL ou cabo, e que afecta a unhas 500.000 persoas. A dÃa de hoxe, e logo de dúas convocatorias, red.es ofrece unha solución a Internet de banda ancha vÃa satélite que chega a 127 concellos que abranguen a 303.0213 fogares. Este proxeto foi subvencionado a través de fondos Feder e custeado polas deputacións en Concellos.
Cidades e mundo rural discorren a dúas velocidades, abrir a fenda dixital ou establecer unha ponte entre elas depende da adminsitración, tal e como asegura o profesor Pereira “sen dúbida, unha parte importante do incentivamento para lograr un maior uso das redes está na administración”. Iniciativas destinadas ben á alfabetización tecnolóxica, ben a modernización das tecnoloxÃas e ou ás infraestructuras... en todo caso todos os esforzos son precisos.