O software libre e as novidades en seguridade centran a IV Semana Internacional das tecnoloxías da Información e a Comunicación

e-foro

31/5/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
O foro e-Gallaecia naceu para dinamizar as tecnoloxías da información e das comunicacións en Galicia. Desde entón celebraron tres xornadas, pero ningunha levantara tanta expectación como a actual, a "IV Semana Internacional das TIC". Segundo a organización este ano dobraron o número de inscricións. En parte débese á presenza en Santiago de Phil Zimmermann, un dos maiores expertos en seguridade informática. Entre os temas de debate destas xornadas están a seguridade informática e a lexislación, as vantaxes do software libre e as posibilidades dos dispositivos móbiles.

Máis información no seu sitio web

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Gallaecia

Claves

Conceptos
Lugares