Santiago acolle a IV Semana Internacional das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións

TIC-TAC

13/4/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Profesionais e investigadores que traballan no campo das tecnoloxías da Información (TIC) teñen unha cita do 31 de maio ao 4 de xuño. Trátase da IV Semana Internacional das TIC que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago. Para falar de seguridade, bases de datos e programación, open source e mobilididade haberá relatores de máximo nivel como Les Printer, do procesador de textos Word ou Ton Roosendaal, membro de Software de código aberto Blender. Estas xornadas son unha máis das actividades do Foro E-Galleciae, unha entidade que agrupa ás tres universidades galegas, a administración e ás empresas con actividade no sector.

Máis información no web do Foro

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Gallaecia

Claves

Conceptos
Lugares