Profesionais asinan un manifesto en apoio e difusión das tecnoloxías da información e comunicación

A pola SI

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Foro e-Gallaecia, a Universidade de Santiago e unha serie de profesionais galegos relacionados coas novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC) veñen de asinar un manifesto para promover o desenvolvemento deste sector. Nel solicítase a creación dun Observatorio da Sociedade da Información (malia que existe un Observatorio TIC dependente da Consellaría de Innovación), un consenso entre todas as forzas así como chegar ao 7% do investimento na Sociedade da Información (SI) en relación co Produto Interior Bruto galego en 2010. O manifesto chega unha semana despois de que a Xunta anunciase que está a ultimar o primeiro Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información.

Máis información en Código Cero e sobre o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información no web da Consellaría de Innovación

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manifesto, TIC, Gallaecia

Claves

Conceptos
Lugares