Do 14 ao 16 de xuño a Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá unha nova edición da Semana Internacional de tecnoloxÃa e Negocios, tamén chamada TechBusiness Week. Organizada pola fundación Sabiria e promovida polo Foro e-Gallaecia ten como obxectivo o desenvolvemento da Sociedade da Información. Este ano, céntrase en cinco seccións: “Mobilidade e Telecomunicacións”, “Bases de Datos e Programación”, “Xestión e Sociedade da Información”, “Seguridade e Lexislación” e, por último, "Software Libre". Pero non serán os únicos temas, tamén se abordará o futuro da televisión dixital interactiva, as novas posiblidades da telefonÃa móbil e da informática. Entre os convidados desta edición figura o director xeral de Intel Ibérica, Jesús Maximoff ou o investigador convidado da Universidade de Stanford, Andreu Verá.
Máis información sobre o programa no seu web