O IGAPE celebra o foro TIC nunha xornadas na que se entrega os premios ao sector na Noite das Telecomunicacións

TIC-TIC

14/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
A xornada anual sobre tecnoloxías da información e das comunicacións en Galicia, máis coñecida como Galicia TIC desenvólvese este venres na Illa da Toxa. O evento divídese en tres partes (presentacións empresariais de aplicacións e solucións, un Foro de Negocios e tres modelos de negocios TIC desenvolvidos en Galicia). Ademais, a xornada enlaza coa “Noite Galega das Telecomunicacións e a Sociedade da Información” que concede a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións. A Consellaría de Sanidade recibe o premio ao mellor proxecto TIC con beneficios sociais, a compañía coruñesa LambdaStream o de mellor iniciativa empresarial e o programa Opentrad de Imaxin Software o de mellor aplicación.

Máis información no web do Galicia TIC e sobre a Noite Galega das Telecomunicacións en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Igape, La Voz de Galicia

Claves

Conceptos